Benvid@s Familias da Escola Infantil Antares:
Iniciamos a apertura do curso 2025 /26 coa mesma ilusión e ganas de facer unha labor educativa de calidade e divertida!!!
Entre tod@s, compartindo coñecementos, información e formación profesional, faremos dos espazos da escola un lugar de encontro para medrar xunt@s.
Contando sempre coa vosa confianza e colaboración, intentaremos fomentar dende a escola, as relacións sociais cos servizos que nos ofrece a nosa fermosa cidade…Santiago de Compostela.
Somos uns/unhas privilexiad@s ó estar ubicadas na zona antiga, porque nos invita dende a cuna, a pasear por rúas cargadas de historia, de escolas, de galerías de arte, de museos, de librarías, academias de música, talleres e obradoiros artesanais e como non….da Praza de Abastos con todo tipo de alimentos naturais que veñen das aldeas do noso rural para que os Picheleir@s aprendan a comer con bicho!!!
Sen outra pretensión que colaborar na crianza d@s vos@s tesouros, a escola infantil Antares é gratuíta, de iniciativa social, sen ánimo de lucro, ten como OBXECTIVO, este curso que comenza, DAR coas ferramentas axeitadas… APRENDEMOS A SORTEAR as pedras do camiño, primeiro da man e despois….soliñ@s!!!!!



