¡Feliz día das Letras Galegas!
Darío a diario, editado por Xerais en 1996, é unha colección de poemas nos que Xela Arias vai anotando a súa experiencia da maternidade:
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.——–
I
Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
face-lo necesario porque avances.II
¿Que é o necesario?
Coma sempre:
asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
e máis contigo.